Erradicación de Crocosmia x crocosmiiflora

O pasado domingo 25 de outubro estivemos como voluntarios na derradeira xornada de erradicación planta exótica invasora,  Crocosmia x crocosmiiflora no lugar de Chelo (Coirós).  Foi o segundo ano que colaboramos nesta labor coordinada por Fragas do Mandeo. Este ano comezouse cos voluntarios do dispositivo de voluntariado ambiental que coordinamos para a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Empezouse dende a  ponte de Teixeiro, situada no límite exterior da área de distribución, e repasamos as dúas marxes do río en dirección augas arriba. Esta forma de actuar é para que, aínda que non se erradiquen todos os individuos, se  deteña o avance da súa colonización.

DSC_7273

Sigue leyendo

Ribeirán coordinando voluntariado na Reserva da Biosfera

O programa de “Voluntariado Ambiental 2015. Curtis – Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” desenvólvese debido á colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Secretaría Xeral de Medio Rural e de Montes.

IMG_8308
Ribeirán Proxectos Naturais coordina este dispositivo por segundo ano consecutivo. Encárgase de mercar o avituallamento necesario para a estancia no dispositivo e desenvolvemento das actividades; coordinación e elaboración das comidas dos voluntarios (sempre axudados polo mesmos); coordinación das actividades de campo, contidos e desenvolvemento da educación ambiental recibida polos voluntarios…
Sigue leyendo

Ribeirán en Mergúllate no Océano

Este verán un de nós, Fran, estivo facendo divulgación científica para o Campus do Mar nunha actividade que leva anos facéndose por vilas e cidades da costa galega, organizada pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia. É “Mergúllate no Océano”. Encargouse dun dos obradoiros co tema “As tecnoloxías de comunicación no mar”. A continuación reproducimos aproximadamente o guión que creou para explicar este interesante tema a persoas de moi diferentes idades e procedencias. Obviamente falta a interacción coa xente, que é o máis interesante da divulgación:

 

ICOM-IC-M24-2

Que é isto? Vós chamariadelo walki-talki, verdade?

Pero este non é como a da policía, os bombeiros…. É un VHF mariño, funciona noutras frecuencias. Este flota, e ademáis podes falar con el na ducha porque non se estropea coa auga. Sigue funcionando. Úsase normalmente desde cuberta para as maniobras, no mar ou nos portos. E é o mínimo que debe levar calquer barquiño pequeno aquí na ría por seguridade. Alcanza uns poucos quilómetros.

ic-m412_black

Esta é a irmán maior, unha emisora VHF. Vai na ponte e úsaa o patrón. Normalmente para falar de fútbol, cos compañeiros que están cerca :-). Porque o VHF alcanza, dependendo da altura da antena e a potencia da emisora, pouco máis de 50 km. O que impide un maior alcance é a curvatura da terra.
O máis importante dela é este botón vermello, que pon DISTRESS

Botón de emerxencias  da emisora VHF

Para que servirá? É algo que ninguén me pregunta.
Vermello = peligro, emerxencias

Sigue leyendo

Ribeirán na II Eco- regata Ría de Betanzos

O domingo pasado estivemos actuando como voluntarios na II Eco-regata Ría de Betanzos, encadrada na IV Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Durante estas xornadas se realizaron diversas actividades tendo con eixe central as especies exóticas invasoras tanto de fauna como de flora.
Organizadas pola Fundación Fragas do Mandeo en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Ribeirán decidiu botar unha man, por segundo ano consecutivo, na limpeza da desembocadura do río Mandeo. Sigue leyendo

Voluntariado ambiental na illa de Ons. Maio´15

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, puxo en marcha a 3ª Edición do Programa de Voluntariado Ambiental no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Ribeirán Proxectos Naturais estivo coordinando, ao longo do mes de maio, catro quendas de voluntarios na Illa de Ons. Dentro das nosas competencias estaban:

  • Contactar cos voluntarios con hábitos e requirimentos alimenticios especiais como diabéticos, vexetarianos, celíacos.
  • Mercar o avituallamento necesario para a estancia na illa e desenvolvemento das actividades: comida, botiquín, protección solar…
  • Recepción dos voluntarios no peirao de Cangas e saída ao horario previamente coordinado co persoal do Parque.
  • Reparto de material persoal e compromisos de incorporación aos participantes.
  • Coordinación e elaboración das comidas dos voluntarios.
  • Coordinación dos voluntarios nas actividades de campo.
  • Xestión do material cedido polo Parque para as realización das actividades.
  • Xestión e limpeza das instalacións.
  • Contidos e desenvolvemento da educación ambiental recibida polos voluntarios.
  • Recollida de material gráfico das actividades.
  • Elaboración de informe final.

 

As  ACCIÓNS VOLUNTARIAS realizadas polos participantes foron as seguintes:

Sigue leyendo

Observadores científicos no Proxecto LIFE iSEAS

Dende principios deste ano 2015 Ribeirán Proxectos Naturais está inmerso no proxecto LIFE iSEAS. Os membros de Ribeirán estamos embarcando para a recollida de datos e identificación das especies descartadas na Pesqueira de  Arrastre, tanto no noso litoral como en augas do veciño Portugal.

A FAO define os Descartes como: “é esa porción da materia orgánica total de orixe animal na captura, a cal é desaproveitada, ou vertida no mar por calquera razón. Non inclúe materiais vexetais e refugallos postcolleita tales como vísceras ou entrañas

Co este proxecto preténdense reducir os impactos ecolóxicos (desequilibrio das redes tróficas, retirada dos xuvenís provocando descenso do recrutamento posterior,…)  e económicos  (esforzo pesqueiro malgastado) ata acadar un escenario de pesca sostible en termos biolóxicos e socieconómicos. Ademais quere darse un valor engadido á biomasa descartada mediante a súa transformación en terra e  posterior comercialización dos produtos elaborados.

O proxecto está constituído por sete entidades:

  • IIM-CSICde Vigo. Instituto de Investigación Mariñas do Consello Superior de Investigación Científicas. who owns domain . Coordinador do proxecto
  • IEO. Instituto Español de Oceanografía
  • USC. Universidade de Santiago de Compostela. Departamentos de Economía Aplicada e de Enxeñería Química
  • Centro Tecnolóxico do Mar
  • CESGA. Centro de Supercomputación de Galicia
  • OPROMAR. Organización de Produtores de Pesca Fresca del Porto e Ría de Marín
  • Talleres JOSMAR S.L.

As nosas funcións cando estamos a bordo dun barco son:

Sigue leyendo

O próximo 19 de Marzo comezamos un Curso sobre Plantas Invasoras para a Subdirección Xeral de Voluntariado. Tedes ata o día 17 para inscribirvos en

http://www.voluntariadogalego.org/voluntariado/index.php?mod=cur&idc=123

Para que teñades unha idea de que vai deixámosvos unha presentación con 40 das principais invasoras que temos en Galicia. O Plan de Especies Exóticas Invasoras da Dirección Xeral de Conservación da Natureza fala de 112 invasoras.

40 Plantas invasoras en Galicia

expiring sites Recsitemprancont

Voluntariado no Monte Pindo

Hai pouco máis dun ano xestionamos seis grupos de voluntarios para a Subdirección Xeral de Voluntariado, no Monte Pindo. Para nós está de actualidade porque foi unha experiencia única e especial. Sempre tratamos de que os voluntarios aprendan e o pasen ben mentras fan esa labor voluntaria para a que se ofreceron. Cremos humildemente que sempre o conseguimos. check domains . O reto no Monte Pindo foi moi grande.

Estando aloxados en casas de turismo rural, algunha semana a moitos quilómetros da zona de traballo e separados en dous grupos, a coordinación para aproveitar as horas de luz, enfrontarse á meteoroloxía e ter a loxística do material preparada non foi fácil.

Sigue leyendo

Calendario

diciembre 2018
L M X J V S D
« Nov    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31