Escolares

Dia mundial do medio ambiente

O dia mundial do medio ambiente celébrase o día 5 de xuño. Este ano tivo como tema “O comercio ilícito de fauna e flora”, prácticas que poñen en perigo os ecosistema e a biodiversidade dos lugares onde son introducidos como especies exóticas.
As compañeiras de Correveydile puxéronse en contacto con Ribeirán para coordinar unha actividade que conmemorara esta celebración na Cidade da Cultura, concretamente no Bosque de Galicia.O ano pasado fíxose unha plantación de especies frondosas caducifolias, nun proceso de reforestación do Monte Gaiás. Para seguir na liña de renaturalización deste espazo, o obradoiro escollido foi o de Acubillando fauna no Gaiás no que se realizaba unha construción e colocación de caixas niño para paxaros, refuxios de morcegos e de réptiles. Sigue leyendo

Acubillando fauna no Gaiás

Unha caixa niño é un niño artificial feito para que aves ou morcegos aniñen nel.IMG-20160514-WA0005

Caixa niño no Bosque de Galicia

En Galicia coa perda da paisaxe tradicional moitas especies teñen os seus hábitats naturais moi reducidos. Os campos de cultivo reduciron moito a súa extensión, igual que os bosques e fragas coa expansión do eucalipto.
Ocorre con pequenos paxaros propios das zonas de hortas, froiteiras e cultivos, pero tamén con aves nocturnas como curuxas ou mouchos que precisan casas vellas abandonadas, galpóns ou refuxios naturais como ocos nas árbores. Pero estas “casas” tradicionais para elas xa apenas existen, pois por exemplo un carballo para ter ocos que podan usar teñen que ter máis de 100 anos e quedan moi poucas fragas maduras con esa antigüidade.
Cos morcegos pasa outro tanto, cada vez teñen menos refuxios naturais ou construcións humanas que lles sirvan para aniñar e refuxiarse.

IMG-20160514-WA0023

Caixa refuxio para morcegos

Todas estas especies son moi importantes por varias razóns pero sobre todo, desde o punto de vista humano, porque fan labores de control de certas pragas, como invertebrados(sobre todo insectos) ou roedores.
Por iso queremos animar a todo o que teña unha casa no campo ou que vaia a zonas naturais a que constrúa un acubillo para esta fauna. Se tes un terreo e non o utilizas polo menos anímate a poñer unha sebe no límite ou deixar unha zona de silveira ou vexetación espontánea (sempre que non sexan invasoras) que servirá de illa de biodiversidade. E si cultivas tenta non usar praguicidas, fai cultivo ecolóxico. Si tes xardín só con ter sebes, froiteiras, ou outras árbores xa os estás axudando.
Pero si queres botar outra man, podes colocarlles unha casiña ou refuxio. É algo moi común en paises como Gran Bretaña ou Irlanda, onde aparte de ter unha paisaxe e unha ordenación do territorio que xa favorece a presencia de moitas destas especies con división das fincas vexetal, con sebes, que son o hábitat de moitas e ó mesmo tempo un corredor natural de moitos quilómetros, por onde se desprazan.
Na rede tedes moitas páxinas onde tedes información e planos de distintas caixas niño. Tamén podedes compralas, pero animámosvos a facelas vos mesmos. Non é difícil. Cada caixa é distinta para cada especie, o tamaño da caixa, o do burato de entrada. Por exemplo, as caixas para aves nocturnas (avelaiona, mouchiño, curuxa) son máis grandes, pero poden axudarte a manter a raia roedores como toupiñas no teu xardín. Tes que colocar unha adecuada para que se animen a aniñar ou polo menos a usalas de refuxio.
Polo Día Mundial do Medioambiente imos guiar a 200 escolares no Bosque de Galicia, na Cidade da Cultura, a construir e instalar unhas 40 caixas e refuxios para aves, morcegos e réptiles.

IMG-20160514-WA0019

Refuxio para réptiles

A idea é que despois de plantar moitas especies autóctonas e crear ese bosque, se complete o traballo “animando” á fauna a residir alí.
Os rapaces,coa nosa axuda e a dos seus profesores, xeolocalizarán cada un dos refuxios que instalen, para poder facer o seu seguimento despois. Así volverán á Cidade da Cultura ou outros rapaces ou voluntarios poden informalos polas redes sociais de si os seus refuxios están ocupados ou son usados.

http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/acubillando-fauna-do-gaias