Erradicación de Crocosmia x crocosmiiflora

O pasado domingo 25 de outubro estivemos como voluntarios na derradeira xornada de erradicación planta exótica invasora,  Crocosmia x crocosmiiflora no lugar de Chelo (Coirós).  Foi o segundo ano que colaboramos nesta labor coordinada por Fragas do Mandeo. Este ano comezouse cos voluntarios do dispositivo de voluntariado ambiental que coordinamos para a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Empezouse dende a  ponte de Teixeiro, situada no límite exterior da área de distribución, e repasamos as dúas marxes do río en dirección augas arriba. Esta forma de actuar é para que, aínda que non se erradiquen todos os individuos, se  deteña o avance da súa colonización.

DSC_7273

Despois de que os voluntarios da Dirección Xeral remataran a súa participación nesta labor, Fragas do Mandeo organizou varias xornadas de voluntariado para erradicar por completo as partes vexetativas e maior cantidade posible de tubérculos soterrados desta especie.

DSC_7331

Podemos dicir que este ano logrouse o obxectivo marcado arrincándose 167 quilos de tubérculos (levados a un punto limpo para a súa incineración) previamente separados da parte vexetativa da planta (destinada a compostar).

DSC_7335

 

Lembrar que os traballos de erradicación de especies invasoras deben repetirse varios anos consecutivos para erradicar (se non se pode, estabilizar) a súas poboacións, que tanto mal fan desequilibrando os ecosistemas locais. Neste caso en particular, é moi difícil retirar tódolos tubérculos polo que son necesarias intervencións en anos sucesivos.

DSC_7338

Para rematar a xornada visitamos a parcela da Espenuca para ver a súa situación despois das derradeiras actuacións desenvolvidas.

DSC_7344

Aquí tamén estivemos colaborando con voluntarios da Dirección Xeral.

DSC_7453

Comprobamos que despois da plantación de 145 carballos cos seus respectivos protectores, arranxáronse os camiños, puxéronse bancos, tutorizáronse, mediante ventos, carballos xa existentes previamente á tala de eucaliptos…

DSC_7340

DSC_7343

 

 

 

 

 

 

 

 

Fernando comentounos que agora a empresa madereira vai controlar os rebrotes dos eucaliptos, pero soamente unha vez, polo que xa nos emprazou para ás futuras xornadas de voluntariado destinadas finalizar esta labor.

DSC_7347

 

Teremos que estar atentos e preparados!!!!

Avisarémosvos mediante o noso Facebook!!!

 

 

Calendario
abril 2020
L M X J V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930