Ribeirán Proxectos Naturais é unha empresa de servizos que desenvolve, comercializa e executa iniciativas de caracter educativo,lúdico e técnico en espazos naturais e rurais.
A NOSA MISIÓN
Desenvolver actividades de divulgación e lecer, así como proxectos técnicos en espazos naturais mariños e de interior. Poñemos en valor o patrimonio natural e sociocultural dende iniciativas que propicien o desenvolvemento rural, o coñecemento do medio e o asentamento da poboación.
A NOSA VISIÓN
Pretendemos ser un referente no noso sector, dende unha relación co cliente próxima e resolutiva e baseando as nosas actuacións en criterios de eficacia e sustentabilidade.
OS NOSOS VALORES
Somos un equipo multidisciplinar integrado por profesionais con ampla experiencia no eidos do ocio activo, medioambiente, oceanografía e educación.
Somos respectuosos. O noso recurso mais valioso é o patrimonio existente nos lugares onde actuamos. Promovemos a integración das persoas e a paisaxe colaborando sempre cos axentes locais.
Somos creativos. Deseñamos, comercializamos e executamos as nosas accións partindo sempre de contidos de natureza cultural e medioambiental Somos quen de involucrar a sectores moi diversos e integralos, con resultados óptimos para o cliente.