O domingo pasado estivemos actuando como voluntarios na
II Eco-regata Ría de Betanzos, encadrada na IV Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Durante estas xornadas se realizaron diversas actividades tendo con eixe central as especies exóticas invasoras tanto de fauna como de flora.
Organizadas pola Fundación Fragas do Mandeo en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Ribeirán decidiu botar unha man, por segundo ano consecutivo, na limpeza da desembocadura do río Mandeo.
Retiráronse entorno a uns 300 sacos de refugallo que sumados aos 200 do ano pasado fan unha cifra bastante redonda de medio milleiro de sacos en dúas actuacións soamente.
Longregbiguates . Aínda fan falla máis accións voluntarias coma esta para que a xunqueira estea nun estado aceptable de limpeza.
parental guidance Por isto animamos a todo o mundo a participar en vindeiras ocasións.


Esta semana están previstas dúas acción de voluntariado máis :O sábado 26 pola mañá na praia da Alameda (Ponte do Porco). Erradicación de varias especies de plantas invasoras e recollida de lixo. Para máis información deixamos este
enlace
O domingo 27 pola mañá participarase na limpeza simultánea de ríos de toda Galicia coordinada polo Proxecto Ríos. Actuaranse no río Mendo e Mandeo. Para máis información deixamos este enlace