Rotas ambientais interpretativas dentro da xeografía galega
Rutas interpretativas e en espazos naturais. Sendeirismo a pe,bicicleta, kaiak ou barco. Para coñecer o medio natural, pero tamén a obra do home.
Guías homologados do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Detección, inventariado e promoción de recursos naturais, etnográficos, históricos e económicos
Elaboración de rutas de sendeirismo utilizando TICs para divulgar a riqueza dos valores naturais, patrimoniais e culturais.
Inventariado dos recursos presentes no territorio: castros, fontes, artesáns, produtores ecolóxicos…
Deseño e desenvolvemento de actividades didácticas tanto para nenos como para adultos
Actividades de aprendizaxe sobre o medio natural. Concienciación sobre o impacto humano na natureza e que facer para reducilo. Conseguir que as actividades humanas se realicen dunha forma sostible precisa que todos estemos informados das consecuencias dos nosos actos.
Elaboración, implantación e coordinación de Programas de Voluntariado Ambiental
Xestión e coordinación de labores de voluntariado. Un voluntario é unha persoa altruísta que quere mellorar o seu entorno. Ribeirán organízaos, entretenos e dalles formación ambiental. A satisfacción dunha acción visible. Algunhas accións que levamos a cabo:
Eliminación de especies invasoras.
Limpeza de residuos.
Vixilancia ambiental e contra incendios.
Restauración de zonas degradadas e afectadas por incendios forestais.
Reforestación con árbores autóctonas.
Deseño e desenvolvemento de cursos de formación tanto para o sector público como privado en todas as modalidades
Cursos relacionados co coñecemento do mar e o territorio:
Cartografía e orientación.
Coñecemento de fauna e flora.
Horticultura.
Contaminación.
Vida sostible, etc.
Introducción ó uso de plantas mediciñais Plantas exóticas invasoras
Nós facemos que aprender sexa divertido.
RSC aplicada ao medio ambiente
As empresas temos unha responsabilidade co mundo que nos rodea, social e ambientalmente. Pero moitas precisan a orientación para executar accións de Responsabilidade Social Corporativa. Nós
proporcionámosllela.
Cada vez as empresas e as administracións son más conscientes que os seus clientes e os cidadáns en xeral esíxenlles que as súas actividades produzan o menor impacto posible sobre o entorno no que vivimos. Porque as consecuencias de non facelo repercuten na vida e ata na saúde de todos.