Unha batalla contra a invasora

Ante todo somos pacifistas pero estamos na época de dar  batalla contra unha invasora perigosa, a velutina.

¿QUE É A VESPA VELUTINA?

A Vespa velutina, ou avespa asiática, é unha especie invasora que chegou a Europa no ano 2004 procedente do sueste asiático. En 2005 chegou ó suroeste de Francia, pensase que en mercancías chinas importadas. En Galicia, detectouse no ano 2013, en dous focos, o Baixo Miño e A Mariña de Lugo. Hoxe están expandidas por toda a costa galega

mapa Mar2016 mapa Dec2015
No primeiro mapa vemos os datos de marzo de 2016 e no segundo os de Decembro de 2015. Parece que hai menos que a finais do ano pasado porque os niños no inverno destrúense.

¿QUE DEBO FACER NO CASO DE VER UN NIÑO DE VESPA VELUTINA?

Se detectas un niño, non te achegues a el a menos de 5 metros, e comunícao ao servizo de Atención e Información á Cidadanía, 012, ou no teu concello.

IMG_2158

¿QUE EFECTOS TEN A VESPA VELUTINA?

  • Afecta á biodiversidade, pola predación sobre outros insectos autóctonos, e sobre todo por acabar cos maiores polinizadores que existen, as abellas, afectando á reproducción de moitas prantas.
  • Afecta á produción apícola e froitícola, pois unha parte importante da súa dieta está formada polas abellas e por froitas.
  • Aínda que non son máis perigosas que outras avespas, a súa expansión por zonas urbanas ou semiurbanas incrementa o risco de picaduras para as persoas.

760px-Vespa_velutina_06

CICLO BIOLÓXICO

Inverno: as raíñas hibernan, individualmente ou en grupos pequenos, en cavidades protexidas ( codias árbores, penas, paredes…)

Primavera: actívanse con bo tempo (marzo – xuño) e cada raíña funda un niño primario

Para os niños elixen árbores (50%), abrigos aireados (30%), muros ocos… O niño vai medrando uns 4-6 cm/semana. Ten unha soa entrada duns 1,5 cm na parte inferior ó principio, e á metade cando é vello. Está formado por unha serie de panais horizontais de papel maché, feito por avespas masticando follas (celulosa), e cuberto por 5-6 capas do mesmo material. Pode chegar a ter ata 14 panais e case un metro de lonxitude. Require cantidades importantes de follas e humidade. Por tanto preferentemente en zonas de bosque, ou próximas.

Verán: de xuño a outubro. Niños secundarios. Ata 12-15.000 individuos por colonia.

Outono: de outubro a decembro, as raíñas abandonan o niño e buscan cavidades protexidas para hibernar. O niño baléirase, morre.

DIETA

Aliméntanse de abellas (45-80% das súas capturas), arañas, bolboretas, moscas, libeliñas, eirugas; en verán -outono atráelles particularmente a froita madura.

PREDADORES NATURAIS

Só coñecemos ataques de gaios e paxaros carpinteiros a niños debilitados no outono e ataques entre distintas colonias destas avespas.

ACIÓNS A TOMAR

Primavera: colocación intensiva de trampas para capturar fundadoras.

Verán: destruír os niños avistados. Convén facelo de noite, cando toda a colonia está dentro do niño. Se quedan obreiras fóra poden construír novos niños.

Outono: captura de raíñas no momento de buscar lugar para hibernar.

¿QUÉ PODES FACER TI AGORA MESMO?

Montar unha trampa para coller ás raíñas neste momento, que están comezando a construir os niños primarios.

Para facelo tés que cortar a parte superior dunha botellla de plástico para facer unha especie de funil. Noutra botella de 1,5 litros fas un burato na zona central e incrustas a peza que preparaches antes. Na parte superior fai cuns cortes varios rectángulos  de 5-6 mm de ancho. Con esa medida a maioría de insectos que non sexan as velutinas poderán escapar, pero o noso obxectivo quedará atrapado.

Preparas o líquido atraínte, mesturando:

– 1/3 litro de cervexa negra

– 1/3 de litro de viño branco

– 100 ml de zume de arandos. Se non atopas, podes usar tamén o de grosella ou algún moi doce, aínda que o de arandos parece o máis efectivo.

– unha culleriña de sal

Esta mestura da para 3 trampas.

Este líquido é bastante selectivo e entrarán mosquitos, moscas da froita pero sería moi raro que entrara algunha abella.

Pendura a botella co líquido atraínte a un metro e medio do chan, nunha árbore ou poste.

IMG_20160102_173050''

Se tes colmeas cerca non a coloques pois podes atraelas á zona. E comproba que non están caendo na trampa a nosa vespa europea a crabro. Si é así, quita a trampa. Son máis grandes que os buratos de escape e quedará atrapada.

vespa_crabro_vespa_asiatica_01_standar

V.crabro ( a nosa, máis grande) / V. velutina

Video explicativo elaborado polo Concello de San Sadurniño

 

Información oficial Consellería:

http://mediorural.xunta.gal/areas/gandaria/apicultura/vespa_velutina/

Asociación Galega de Apicultores:

http://www.apiculturagalega.es/archivos/resumo_programa_stop_velutina.pdf

Calendario
diciembre 2018
L M X J V S D
« Nov    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31