Voluntariado no Monte Pindo

Hai pouco máis dun ano xestionamos seis grupos de voluntarios para a Subdirección Xeral de Voluntariado, no Monte Pindo. Para nós está de actualidade porque foi unha experiencia única e especial. Sempre tratamos de que os voluntarios aprendan e o pasen ben mentras fan esa labor voluntaria para a que se ofreceron. Cremos humildemente que sempre o conseguimos. check domains . O reto no Monte Pindo foi moi grande.

Estando aloxados en casas de turismo rural, algunha semana a moitos quilómetros da zona de traballo e separados en dous grupos, a coordinación para aproveitar as horas de luz, enfrontarse á meteoroloxía e ter a loxística do material preparada non foi fácil.

 Pero o que o fixo especial foron as dificultades. Empezando pola paisaxe negra e deprimente que nos rodeaba, e que na primeira semana fíxoo día e noite, pois estabamos na casa rural que foi rodeada polo lume, e todo arredor era cinza.

 

O primeiro día foi enfrontarse a chuvias duns 100 litros / m  durante máis de dúas horas que os voluntarios aguantaron. Foi impresionante velos. Mollados por dentro, coa suor, e por fóra.

A experiencia valeu para aprender a transportar a palla coa que cubriamos o chan para protexelo desa chuvia. Pero despois viñeron as seguintes dificultades: as pendentes polas que subiamos capachos cargados de palla, que aínda que non o pareza pesa; desfacer as balas de palla de 350 kg para cargar os capachos tamén tiña o seu traballo. Co caloriño da fermentación da palla alí refuxiabanse os animais que sobriviran ó incendio, coma ratiños de campo, ou as molestas nésporas. A palla co vento metíase nos ollos a pesar das gafas de protección. Houbo días de moito frío e vento, ata tal punto que houbo unha ocasión que tivemos que levar ós voluntarios a facer outra labor, limpeza de praia, en Caldebarcos. Noutros días foi a calor, pero o traballo continuou, a pesar das nubes de mosquitos que nos acribillaban á posta de sol ou cando paraba o vento. Unredcoridic . Comer os bocadillos dentro da furgoneta tamén aconteceu algúns días. domain analysis . Noutros disfrutamos das mesas dunha área recreativa cunha panorámica espectacular ata Fisterra.

 

 A dificultade para nós, os monitores, foi ensinarlles a cada grupo a funcionar como un equipo, facendo unha cadea que se fora desprazando cara a un lado para que os “repartidores” sempre tiveran capachos con palla a man, a veces a moita distancia e nunha cota moi alta. Tamén creamos unha sana rivalidade entre os grupos, pois cada semana mediamos a superficie protexida. Pero o que  se deu máis foi o bo humor e a camaradería. Houbo chistes, cancións e sobre todo compañerismo.  

 Outras labouras foron arranxar os regos ós lados do camiño polo que subiamos e tapar baches para poder ascender coa nosa furgoneta; e poñerse a disposición do Distrito Forestal para soporte loxístico ós medios de extinción en caso de incendio, o que se fixo nunha ocasión en que os voluntarios deron a alerta por un incendio.  

 Tamén impartimos formación sobre as causas e consecuencias dos incendios forestais, fixemos unha ruta intermareal e puxemos en valor os recursos paisaxísticos e etnográficos da zona, coma os famosos hórreos de Lira, ou a Fervenza de Ézaro. Realizouse unha visita á lonxa de Muros na que se explicou ós voluntarios como funciona, aproveitándose para contemplar o traslado a terra dun rorcual varado na zona.

 Finalmente as frías cifras foron 4,5 Ha de chan protexido, 22 Tm de palla repartidas e 50 voluntarios.

 A parte cálida 50 compañeiros unidos por un obxectivo: tentar arranxar un pouquiño a desfeita nun lugar tan fermoso. A satisfacción de ver que algunhas prantas estaban abrollando, e sobre todo unha especial, un bosquiño de carballo anano que nos deu moito traballo pero que xa estaba revivindo. foto Para este Nadal veremos como vai o resultado da nosa labor, como agradecemento a xente como Juan Carlos que veu dende Madrid.  GRACIAS A TODOS  
Calendario
junio 2023
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930