Ave do ano 2017

A primeiros de ano Ribeirán Proxectos Naturais entregou a súa primeira guía turística, a do Concello de Santiso.

Nela incluimos información sobre historia,castros, arquitectura relixiosa, civil e popular; tamén sobre rutas de sendeirismo ( http://senderismo.santiso.org/ ), hostalería e turismo rural. E por suposto Natureza.

E entre todos os valores naturais do Concello e os dos arredores , coa Serra do Careón e o Ulla como principais espazos, e especies como a toupa de río ou aguaneira, o mexillón de río ou unha recentemente descuberta especie de fungo Entoloma santisensi, está un ave.

O sisón é o noso protagonista. Nomeada ave do ano 2017 en España por SEO / Birdlife, está en serio perigo, pois perdeuse a metade da súa poboación na última década.

É unha especie de avetarda pequena, de menos dun quilo, cunhas cores que lle permiten camuflarse nos campos de cereais ou nos pastizais secos.

Crían unha niñada ó ano entre abril e xuño. Durante o ritual de cortexo os machos erizan as plumas do pescozo, amosan as alas e fan pequenos brincos por riba da vexetación. O reclamo do cortexo e un «trrr…» que emiten cada 10 segundos.

Fan o niño no chan, ben agachado, no que poñen de tres a cinco ovos. As femias chocan e crían os polos soas.

Cando non están criando viven en grandes bandos. Comen sementes, raíces e insectos.

En Galicia a presenza do sisón é puntual sendo a súa distribución moi discontinua e fragmentada entre as catro provincias. Confirmouse tamén a súa presenza nas comarcas da Terra Chá (Lugo) e A Limia (Ourense).

Noticiario ornitoxeográfico da Sociedade Galega de Ornitoloxía, aquí podedes ver as citas de aves en Galicia e aportar as vosas (clica na ligazón):
Noticiario ornitoxeográfico SGO

As súas poboacións están a reducirse drasticamente sobre todo pola perda dos seus hábitats, causada pola agricultura intensiva e o uso de pesticidas e insecticidas. É dicir por unha agricultura pouco sostible ou incluso pola sustitución dos campos por plantacións forestais ou abandono do cultivo.

En Galicia está declarada especie en perigo de extinción, incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Na Serra do Careón ata hai uns anos aniñaba, hoxe só hai citas de presenza nos meses de verán e outono.

A Sociedade Española de Ornitoloxía  pídenos que elixamos produtos respetuosos coa biodiversidade na cesta da compra para contribuir a manter e mellorar as paisaxes nas que vive o sisón , xunto a outras especies de ambientes agrarios.

Son do sisón: dalle a play

 

Calendario
septiembre 2023
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930