Auga

Día da Terra 2016

No día da Terra queremos animarvos a reducir os vosos residuos e a ser conscientes do que consumides e canto consumides, a non tirar por tirar.  Tedes un montón de ferramentas como calculadoras de CO2 para colaborar en mitigar o cambio climático, por exemplo.

Coñecer e informarse. Existen moitas posiblidades, pero primeiro hai que pensar no que facemos.

Porque só temos un planeta e a seguinte xeneración vaino pasar moi mal si non facemos algo por eles. Ó fin e ó cabo son os nosos fillos, e todos somos fillos deste planeta.

Aquí deixamosvos un documental do Escarabello Verde sobre economía circular:

«El beneficio del desperdicio»

Día Mundial dos Humidais 2016

A importancia dos humidais en Galicia

lavanco
Os humidais son as extensións de marismas, pantanos e turbeiras ou superficies cubertas de augas, sexan estas naturais ou artificiais(lagoa de Sobrado por exemplo), permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña cunha profundidade en marea baixa non exceda de seis metros.

Galicia contempla 1.131 humidais (70.673,3 ha) repartidos de forma maioritaria entre os sectores litorais, as depresións sedimentarias interiores e as áreas de montaña sublitorais e centrais. O resto do territorio galego e en concreto as áreas montañosas orientais e meridionais presentan unha menor proporción de ecosistemas húmidos, os cales adoitan estar  en áreas con características favorables ó mantemento de achegas de auga estacionais.

mapa humidais

Hai anos tíñanse por espacios insalubres as marismas, lagoas porque tiñan mosquitos e podian transmitir algunhas enfermidades. Debido a iso algunhas recheáronse, como a lagoa de Antela. A razón foi o descoñecemento das importantes funcións que realizan, para a biodiversidade pero tamén para o home, que contrapesan claramente algún perxuicio. Por exemplo nalgunhas marismas como a do Mandeo ten presencia o mosquito tigre.

A UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) considera que ademáis da súa  contribución á diversidade biolóxica e ao patrimonio cultural, os humidais posúen un papel importante para os seres humanos derivado do seu implicación na recarga de acuíferos, o amortecemento de avenidas e procesos derivados das fluctuacións climáticas, así como polo feito de ser fonte de produtos directamente explotables, como as pesquerías e os recursos forestais.

Os humidais, ó almacenar a auga de precipitacións e liberala a un ritmo máis uniforme, son capaces de reducir os efectos devastadores das avenidas de auga.
A vexetación dos humidais estabiliza a liña de costa e consolida o chan porque reduce a enerxía de olas e correntes e as raíces reteñen os depósitos de sedimentos. Esta función protectora reviste unha importancia especial en zonas afectadas por subidas do nivel do mar, que se están dando consecuencia do cambio climático.
Os humidais aumentan a calidade do auga. Os sedimentos e sustancias tóxicas tenden a ser retidos no seu seo. Si ademais existe vexetación palustre, que diminúe a corrente dun río, esa capacidade de sedimentación aumenta.

Os humidais reteñen nutrintes, especialmente fósforo e nitróxeno, por acumulación no chan e almacenamento na mesma vexetación. Así impiden que os de orixe agraria cheguen a acuíferos que proporcionan auga potable para consumo humano. En determinadas condicións, esta capacidade pode utilizarse para efectuar o tratamento terciario das augas residuais domésticas: 1 hectárea de marismas pode eliminar nitróxeno coa mesma eficacia que unha planta depuradora útil para 500 habitantes.

Ademáis os humidais recargan a capa freática.
Os humedais, especialmente as turbeiras, son capaces de almacenar grandes cantidades de carbono, o cal pode reducir as emisións de dióxido de carbono á atmosfera, gas responsable do quentamento do planeta.

Si queredes profundizar máis no tema:

Inventario de humidais de Galicia

Humidais de Galicia

Augas subterraneas y medio ambiente en Galicia

Los humedales de Galicia como sumidero de carbono: evaluación, distribución y estado de conservación