Dende principios deste ano 2015 Ribeirán Proxectos Naturais está inmerso no proxecto LIFE iSEAS. Os membros de Ribeirán estamos embarcando para a recollida de datos e identificación das especies descartadas na Pesqueira de Arrastre, tanto no noso litoral como en augas do veciño Portugal.
A FAO define os Descartes como: “é esa porción da materia orgánica total de orixe animal na captura, a cal é desaproveitada, ou vertida no mar por calquera razón. Non inclúe materiais vexetais e refugallos postcolleita tales como vísceras ou entrañas”
Co este proxecto preténdense reducir os impactos ecolóxicos (desequilibrio das redes tróficas, retirada dos xuvenís provocando descenso do recrutamento posterior,…) e económicos (esforzo pesqueiro malgastado) ata acadar un escenario de pesca sostible en termos biolóxicos e socieconómicos. Ademais quere darse un valor engadido á biomasa descartada mediante a súa transformación en terra e posterior comercialización dos produtos elaborados.
O proxecto está constituído por sete entidades:
As nosas funcións cando estamos a bordo dun barco son: