Sin categoría

Ave do ano 2017

A primeiros de ano Ribeirán Proxectos Naturais entregou a súa primeira guía turística, a do Concello de Santiso.

Nela incluimos información sobre historia,castros, arquitectura relixiosa, civil e popular; tamén sobre rutas de sendeirismo ( http://senderismo.santiso.org/ ), hostalería e turismo rural. E por suposto Natureza.

E entre todos os valores naturais do Concello e os dos arredores , coa Serra do Careón e o Ulla como principais espazos, e especies como a toupa de río ou aguaneira, o mexillón de río ou unha recentemente descuberta especie de fungo Entoloma santisensi, está un ave.

O sisón é o noso protagonista. Nomeada ave do ano 2017 en España por SEO / Birdlife, está en serio perigo, pois perdeuse a metade da súa poboación na última década.

É unha especie de avetarda pequena, de menos dun quilo, cunhas cores que lle permiten camuflarse nos campos de cereais ou nos pastizais secos.

Crían unha niñada ó ano entre abril e xuño. Durante o ritual de cortexo os machos erizan as plumas do pescozo, amosan as alas e fan pequenos brincos por riba da vexetación. O reclamo do cortexo e un «trrr…» que emiten cada 10 segundos.

Fan o niño no chan, ben agachado, no que poñen de tres a cinco ovos. As femias chocan e crían os polos soas.

Cando non están criando viven en grandes bandos. Comen sementes, raíces e insectos.

En Galicia a presenza do sisón é puntual sendo a súa distribución moi discontinua e fragmentada entre as catro provincias. Confirmouse tamén a súa presenza nas comarcas da Terra Chá (Lugo) e A Limia (Ourense).

Noticiario ornitoxeográfico da Sociedade Galega de Ornitoloxía, aquí podedes ver as citas de aves en Galicia e aportar as vosas (clica na ligazón):
Noticiario ornitoxeográfico SGO

As súas poboacións están a reducirse drasticamente sobre todo pola perda dos seus hábitats, causada pola agricultura intensiva e o uso de pesticidas e insecticidas. É dicir por unha agricultura pouco sostible ou incluso pola sustitución dos campos por plantacións forestais ou abandono do cultivo.

En Galicia está declarada especie en perigo de extinción, incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Na Serra do Careón ata hai uns anos aniñaba, hoxe só hai citas de presenza nos meses de verán e outono.

A Sociedade Española de Ornitoloxía  pídenos que elixamos produtos respetuosos coa biodiversidade na cesta da compra para contribuir a manter e mellorar as paisaxes nas que vive o sisón , xunto a outras especies de ambientes agrarios.

Son do sisón: dalle a play

 

Memoria do 2016

Estamos nos últimos días do ano e como sempre gústanos facer memoria do feito nestes meses.Ademáis duns cantos obradoiros, na primeira parte do ano aparecimos no programa «Cos pés na terra» da TVG:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/manu-e-fran-suso-e-ngela-a-mitch13232888_1091177664238545_1905105054757368364_n

Celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente no  Bosque de Galicia, no Gaiás os días 6 e 7 de Xuño.

E a partir de aí  algunhas das actividades que realizamos foron:

– Módulo ambiental de Cursos de Monitor de tempo libre en Boqueixón, Vigo e Compostela

img_20160629_225852

– Celebración do Día Mundial dos Océanos o 9 e 10 de Xuño en Moaña para o Campus do Mar, coordinado pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia. Na foto os rapaces facendo un perfil de praia.

jalon

– Obradoiro de cosmética natural nas festas do Barrio de San Pedro  e na tetería O Xardín dos Soños, en Compostela.

 

– Monitores das excursións para escolares do programa O sabor da aventura está no mar. Na foto visita ó faro de Fisterra.

https://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/gl/galerias/371

20160727_112712

– Coordinación do voluntariado ambiental nas Fragas do Eume para a Rede de Parques Naturais de Galicia e o Servizo de Voluntariado e Participación. Na foto o cuaderno dun dos voluntarios, con algunhas das cousas que descubriron no Parque Natural.

img-20160727-wa0007

– Monitores en Mergúllate no Océano 2016 para o Campus do Mar. Obradoiros de divulgación científica mariña. Na foto na praia de Samil, en Vigo.

codiibhxgaadlwn

– Fomos monitores no Voluntariado ambiental do Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

– Campo de traballo internacional Monte da Espenuca

Estivemos rematando cun eucaliptal para convertilo nunha fraga no futuro. Como se ve con moi bo humor.

humor-voluntario

http://www.crtvg.es/informativos/mozos-de-todo-o-mundo-traballan-estes-dias-na-recuperacion-do-monte-da-espenuca-no-concello-corunes-de-coiros-2307303

 

– Coordinación do voluntariado ambiental na Illa de Ons, por terceiro ano.

14355588_975938132515754_2142379490296061967_n

 

– Obradoiros no Voluntariado ambiental Monte Branco coas compañeiras de «As píllaras das dunas».

https://www.facebook.com/voluntariadomontebranco/photos/pcb.1190287971034597/1190287917701269/?type=3&theater

 

14344791_1190287917701269_2484203335102903218_n

 

– Safari de Outono na Cidade da Cultura.

Percorrimos a zona do Bosque de Galicia buscando prantas con moitas familias con nenos. Aprenderon sobre prantas comúns e deron un bonito paseo con vistas.

14358654_1201187349941685_8756083885166918425_n

 

E nos últimos días do ano estamos rematando dous proxectos para o Concello de Santiso:

  • sinalizar con códigos QR a ruta de sendeirismo de Visantoña, unha ruta homologada duns 14 qm que podedes ver na web que preparamos: http://senderismo.santiso.org
  • elaborar unha guía turística do concello que se publicará nas primeiras semanas de 2017.

Agardamos que o ano que ven sexa aínda mellor para Ribeirán Proxectos Naturais, e para todos.

Feliz 2017!

 

Erradicación de Crocosmia x crocosmiiflora

O pasado domingo 25 de outubro estivemos como voluntarios na derradeira xornada de erradicación planta exótica invasora,  Crocosmia x crocosmiiflora no lugar de Chelo (Coirós).  Foi o segundo ano que colaboramos nesta labor coordinada por Fragas do Mandeo. Este ano comezouse cos voluntarios do dispositivo de voluntariado ambiental que coordinamos para a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Empezouse dende a  ponte de Teixeiro, situada no límite exterior da área de distribución, e repasamos as dúas marxes do río en dirección augas arriba. Esta forma de actuar é para que, aínda que non se erradiquen todos os individuos, se  deteña o avance da súa colonización.

DSC_7273

Sigue leyendo