Dende principios deste ano 2015 Ribeirán Proxectos Naturais está inmerso no proxecto LIFE iSEAS. Os membros de Ribeirán estamos embarcando para a recollida de datos e identificación das especies descartadas na Pesqueira de Arrastre, tanto no noso litoral como en augas do veciño Portugal.
A FAO define os Descartes como: “é esa porción da materia orgánica total de orixe animal na captura, a cal é desaproveitada, ou vertida no mar por calquera razón. Non inclúe materiais vexetais e refugallos postcolleita tales como vísceras ou entrañas”
Co este proxecto preténdense reducir os impactos ecolóxicos (desequilibrio das redes tróficas, retirada dos xuvenís provocando descenso do recrutamento posterior,…) e económicos (esforzo pesqueiro malgastado) ata acadar un escenario de pesca sostible en termos biolóxicos e socieconómicos. Ademais quere darse un valor engadido á biomasa descartada mediante a súa transformación en terra e posterior comercialización dos produtos elaborados.
O proxecto está constituído por sete entidades:
As nosas funcións cando estamos a bordo dun barco son:
Chegada do saco a bordo
Apertura do saco
Baleirado do saco no pantano
Triado da pesca na cinta transportadora
Hai que separala mostra por especie
Rubios (Triglas spp), lirios (Micromesistius poutassou), holoturias (Parastichopus regalis) e raias de cravos (Raja clavata)
Pescadas (Merlucius merlucius), polbo cabezón (Eledone cirrosa), estrelas (Astropecten irregularis), potas (Toradopsis eblanae e Illex coindetii) e peóns (Argentina silus)
Rapantes (Lepidorhombus boscii e L. wiffiagonis), fanecas (Trisopterus luscus), xardas (Scomber scombrus), múnida (Munida spp), gallineta (Helicolenus dactylopterus)e xurelos (Trachurus trachurus)
Melgachos (Scyliorhinus canicula)
Metemos os individuos nunha rede preparada especificamente. Podemos dicir que é unha bolsa totalmente artesanal. Feita con rede para cubrir as nasas (cedida polo pai dun membro de Ribeirán que durante a súa vida laboral adicouse,entre outras artes de pesca e marisqueo, a traballar con estes aparellos)
Unha vez en terra, cos datos recollidos nos lances, que poden ter unha duración variable de entre dúas e seis horas, facemos os informes correspondente que entregamos ao CSIC.
A continuación amosamos algunhas das especies máis raras e interesantes coas que nos atopamos:
Tiburón duende(Mitsukurina owstoni)
Tiburón anguila (Chlamydoselachus anguineus)
Malcarado de Parin (Diretmicthys parini)
Granadero de cabeza redonda (Malacocephalus laevis)
Nezumia (Nezumia aequalis)
Mictófido (Xenodermitchis copei)
Granadero nariz rugosa (Trachyrincus scabrus)
Gata (Centrophorus squamosus)
Reloxo mediterráneo (Haplostethus mediterraneus)
Synaphobranchus (Synaphobranchus kaupi)
Quimera (Chimaera monstrosa)
Sapo (Lophius budegassa) 28 Quilos de peso
Bocanegra (Epigonus telescopus)
Negrita (Etmopterus spinax)
Lorcho (Blenius ocellaris)
Bogavante (Homarus gammarus)
Rei (Labrus mixtus)
Rodaballo (Scopthalmus maxima) 4 Quilos de peso
Calamar (Loligo vulgaris)