En Ribeiran Proxectos Naturais somos un equipo de PROFESIONAIS do eido Educativo e do Medio Ambiente con ampla experiencia como investigadores, tecnólogos, observadores científicos nos sectores Público e Privado nos ámbitos da bioloxía, oceanografía e xestión ambiental. Cunha extensa rede de colaboradores cos que compartimos ideas e proxectos aproveitando as sinerxias.
PERSOAS sensibilizadas co Medio Ambiente e o Mundo Rural, o consumo responsable e a preservación e mellora dos recursos naturais e do patrimonio cultural.
EXPERTOS en traballo con grupos no campo da educación ambiental, divulgación, xestión de voluntariado e formación.
COMPROMETIDOS coa mellora da calidade de vida da poboación rural, sempre tendo en conta a cultura tradicional local e executando accións que contribúan ó seu desenvolvemento social e económico.
Xunto co compromiso, as chaves que marcan a nosa liña de traballo son a CALIDADE e a PROFESIONALIDADE ó que unimos a CREATIVIDADE. A nosa experiencia en educación ambiental, desenvolvemento rural, patrimonio natural, dinamización, docencia, consultoría técnica ou voluntariado facilitamos unha visión global do DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE.