Ribeirán coordinando voluntariado na Reserva da Biosfera

O programa de “Voluntariado Ambiental 2015. Curtis – Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” desenvólvese debido á colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Secretaría Xeral de Medio Rural e de Montes.

IMG_8308
Ribeirán Proxectos Naturais coordina este dispositivo por segundo ano consecutivo. Encárgase de mercar o avituallamento necesario para a estancia no dispositivo e desenvolvemento das actividades; coordinación e elaboración das comidas dos voluntarios (sempre axudados polo mesmos); coordinación das actividades de campo, contidos e desenvolvemento da educación ambiental recibida polos voluntarios…
IMG_1488O programa desenvólvese en quendas de cinco días de luns a venres participando seis voluntarios e un coordinador de voluntariado. O grupo alóxase no albergue do Centro Etnográfico do Mandeo,  pertencente á Deputación da Coruña e situado na parroquia de Teixeiro do Concello de CurtisTerras do Mandeo (156)A área de influencia do dispositivo corresponde aos concellos de Sobrado dos Monxes, Curtis, Oza-Cesuras, Aranga, Coirós, Irixoa, Monfero, Vilarmaior, As Pontes, Pontedeume, Cabanas, A Capela, Paderne, Betanzos, Miño e Bergondo.mapa reservaCada xornada estaba composta por dúas accións voluntarias diferentes desenvoltas pola mañá e pola tarde. O xantar realízase no campo, composto por un pícnic elaborado polos participantes e coordinadoresTerras do Mandeo (38)

 

As ACCIÓNS VOLUNTARIAS realizadas polos participantes foron as seguintes:

Actividade de formación

Os voluntarios reciben unha pequena formación teórica que se completa cunha formación práctica no monte durante toda a semana.

Algúns dos contidos foron a identificación dos  distintos tipos de fumes, tetraedro do lume, morfoloxía dun incendio, medidas preventivas e de autoprotección ante un incendio forestal…Cómo situar este fume e como dar un aviso correctamente aos servizos de medio rural

Orientación con cartografía para poder situar un lume, cómo ler un mapa topográfico, cómo utilizar un compás…

IMG_0646

 

Unha xornada, despois desta formación, visitamos a zona queimada despois dun incendio situado entre os concellos de Sobrado dos Monxes e Toques.

DSC_7394

Vixilancia estática

O dispositivo realiza vixilancia estática dende puntos estratéxicos da zona de influencia. Asesorados polo distrito forestal, inténtase cubrir as zonas de sombra das casetas forestais presentes na zona. Utilizando prismáticos e cartografía fanse exercicios de orientación para que os voluntarios completen a formación teórica impartida a primeira xornada.

DSC_7359

Con estas prácticas preténdese que se familiaricen coa zona a cubrir e identifiquen, dende distintas posicións xeográficas, os accidentes xeográficos e núcleos de poboación máis representativos da comarca. Para que, no caso de que apareza un lume, poidan dar o aviso coa maior exactitude posible.

DSC_7345

Vixilancia disuasoria

Despois de ter unha xuntanza cos axentes forestais do distrito nos informan sobre as zonas onde hai maior incidencia de lumes historicamente. Aproveitando rutas de sendeirismo xa establecidas e outras deseñadas por nós, intentamos amosar a nosa presenza por ditas zonas para obter un efecto disuasorio. Pretendemos interaccionar coa poboación local para informar da nosa labor e das diferentes limitacións sobre o uso de lume na tempada estival.

IMG_0679

Visita a paraxes naturais con interese natural e paisaxístico

Esta acción voluntaria pódese encadrar coa anterior. As rutas escollidas dependen de varios factores como: a capacidade física dos voluntarios, as condicións meteorolóxicas, o IRDI (Índice de Risco Diario de Incendio) e as directrices marcadas polo distrito forestal. Pretendemos amosar paraxes naturais con importancia ecolóxica e paisaxística a conservar

_5

 

Eliminación de vertedoiros incontrolados

Os vertedoiros incontrolados do monte, que poden actuar como puntos de inicio ou acelerantes de incendios forestais.

DSC00657

Estudo do estado de conservación dun tramo do río Mandeo

No tramo comprendido entre a Ponte Marzá e a Ponte Mandeo,no concello de Curtis, estivemos facendo prácticas para a caracterización dun tramo de río. Ademais de acondicionar o camiño que había pola marxe dereita,  realizouse un inventario de especie observadas, prestando máis atención ás que actúan como bioindicadoras  do estado de conservación do río.

_MG_1252

Visita a centros de formación e investigación agraria e forestal

O CIAM é o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, que depende da Dirección Xeral de Innovación  e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Realiza diferentes estudos de investigacións para a súa posterior aplicación nos sectores agrario, gandeiro e alimentario.

En varias semanas diferentes visitamos o “Marco da Curra”, estación experimental de gandería de montaña. Consta dunha  parcela de 180 ha de superficie, situada no concello de Monfero, onde se desenvolven investigacións con gando equino, vacún, ovino e caprino.

O responsable amósanos as instalacións e fainos unha breve exposición das liñas de investigación relacionadas coa selección xenética dos diferentes tipos de gando, tratamentos de silvicultura na prevención de incendios forestais mediante a utilización de gando, métodos de prevención contra os ataques do lobo, selección de carne de cabalo para consumo humano…

Terras do Mandeo (129)

Colaboración con outras entidades locais con voluntariado ambiental

O dispositivo colabora con Fragas do Mandeo, entidade de  custodia do territorio que ten como principal obxectivo a  preservación da biodiversidade  autóctona na Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Fragas do Mandeo”.

En todas as quendas adicamos unha acción voluntaria á eliminación de Crocosmia x crocosmiiflora, planta exótica invasora que esta a colonizar as marxes do río Mandeo. Actuamos nas dúas marxes, na zona comprendida entre a Área Recreativa de Chelo (Coirós) e  a ponte da parroquia de Teixeiro (Irixoa).

Nos traballos de erradicación, logo de arrincala, sepárase a parte vexetativa dos bulbos, que se levan a un punto limpo para a súa incineración. Nas catro accións voluntarias desenvolvidas retiráronse 27 Kg de bulbos.

DSC_7262 IMG_8737

 

 

Outra actividade realizada cada semana consistiu en amorear restos vexetais de pequeno porte (polas, codias…), resultantes da tala de eucaliptos na parcela “Dos Vellos” no concello de Coirós. Fragas do Mandeo está acondicionando esta parcela para plantar especies de árbores autóctonas frondosas caducifolias, sobre todo castiñeiros de froita micorrizados con Boletus edulis.

DSC_7229

O Concello de Coirós cedeulle a Fragas  do Mandeo a xestión, por 50 anos, dunha das súas parcelas situadas no monte da Espenuca. Despois de cortalos eucaliptos e triturar os restos vexetais resultantes, o dispositivo colaborou limpando de refugallos tanto os camiños existentes como os de nova formación.

Ademais puxéronse os titores  para os 150 carballos que se ían plantar en futuras xornadas de voluntariado convocadas por esta Fundación.

DSC_7459

 

Estas accións voluntarias contribúen na transformación dunhas parcelas potencialmente incendiables nunhas zonas de alto valor ecolóxico e forestal, que servirán de cortalumes verde no caso de incendio forestal

Con esta actividades pretendemos poñer en contacto diferentes dispositivos de voluntariado ambiental existentes na comarca. Así, os participantes, descobren e poden colaborar con outras iniciativas de protección do entorno que traballan con voluntariado ambiental.

DSC_7447

Visita a centros e monumentos etnográficos

Realizamos varias visitas ao Centro Etnográfico do Mandeo, situado no concello de Curtis na vila de Teixeiro. O responsable fainos unha visita guiado polo centro onde nos amosa a historia, as tradicións, as festas populares,e os recursos naturais, arquitectónicos e etnográficos da comarca do Mandeo.

DSC_7481

Apoio loxístico ao distrito forestal

Afortunadamente, durante a duración do programa, non tivemos ningunha situación de crise por incendio forestal.

No caso de  habela, o dispositivo de voluntariado poñeríase a disposición do distrito forestal para:

  • Servir de coche guía a cuadrillas de outros distritos.
  • Levar avituallamento aos medios de extinción a lugares seguros.
  • Facer bocadillos e camas en caso de campamentos provisionais.
  • Informar aos condutores sobre a situación e asesoralos sobre estradas seguras.
  • Transporte de persoal de extinción.
  • Apuntar matrículas de coches sospeitosos.

Unha xornada de choiva fixemos unha visita á Base da Unidade Helitransportada de Castromaior pertencente ao Distrito Forestal II Bergantiños – As Mariñas Coruñesas

Concertamos co Xefe de Distrito unha visita a esta unidade para que nos amosaran as instalacións e que nos fixeran unha exposición das súas funcións en caso de incendio.

Atendeunos un axente forestal que falounos sobre as peculiaridades loxísticas e de infraestruturas que suceden na dirección de extinción de lumes. Tamén nos  explicou como actúa a unidade helitransportada en caso de incendio, mostrounos o helicóptero por dentro e os protocolos de actuación que se despregaban cando estaba en funcionamento.

IMG_1548

 

Dende Ribeirán Proxectos Naturais queremos agradecer aos voluntarios  o seu traballo altruísta, solidario e desinteresado, ao persoal do distrito forestal e da base base da Unidade Helitransportada de Castromaior polo seu tempo dedicado a amosarnos as peculiaridades das infraestruturas, xestión e coordinación da extinción de incendios forestais. Agradecer á Fragas do Mandeo a súa inesgotable dedicación á recuperación e conservación do monte autóctono galego e á súa loita contra o gran problema das especies exóticas invasoras; ao persoal do Marco da Curra por deixarnos visitar as súas instalacións e  ao persoal do Centro Etnográfico do Mandeo por facer máis cómoda a nosa estancia nas súas instalacións.

 

Calendario
septiembre 2023
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930