Ribeirán en Mergúllate no Océano

Este verán un de nós, Fran, estivo facendo divulgación científica para o Campus do Mar nunha actividade que leva anos facéndose por vilas e cidades da costa galega, organizada pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia. É «Mergúllate no Océano». Encargouse dun dos obradoiros co tema «As tecnoloxías de comunicación no mar». A continuación reproducimos aproximadamente o guión que creou para explicar este interesante tema a persoas de moi diferentes idades e procedencias. Obviamente falta a interacción coa xente, que é o máis interesante da divulgación:

 

ICOM-IC-M24-2

Que é isto? Vós chamariadelo walki-talki, verdade?

Pero este non é como a da policía, os bombeiros…. É un VHF mariño, funciona noutras frecuencias. Este flota, e ademáis podes falar con el na ducha porque non se estropea coa auga. Sigue funcionando. Úsase normalmente desde cuberta para as maniobras, no mar ou nos portos. E é o mínimo que debe levar calquer barquiño pequeno aquí na ría por seguridade. Alcanza uns poucos quilómetros.

ic-m412_black

Esta é a irmán maior, unha emisora VHF. Vai na ponte e úsaa o patrón. Normalmente para falar de fútbol, cos compañeiros que están cerca :-). Porque o VHF alcanza, dependendo da altura da antena e a potencia da emisora, pouco máis de 50 km. O que impide un maior alcance é a curvatura da terra.
O máis importante dela é este botón vermello, que pon DISTRESS

Botón de emerxencias  da emisora VHF

Para que servirá? É algo que ninguén me pregunta.
Vermello = peligro, emerxencias


Unha destas semanas, durante o obradoiro en Cangas, de súpeto a emisora pasou automáticamente á canle 16 e comezou a pitar. Os participantes sorprendéronse e preguntaban si era un simulacro ou unha broma. Díxenlles que non, pola canle 16 non hai simulacros nin bromas, é a canle de emerxencias e ten que estar sempre libre e dispoñible. Estivemos escoitando as conversas entre Vigo Tráfico e os barcos para ir a rescatalos.(Noticia do naufraxio)

Imaxinádevos si hai que chamar polo móbil para pedir socorro: «Mire, que estamos afundindo por aquí pola ría de Aldán…» Aquí aprétase só un botón e estas listo para abandonar o barco si afunde. E ademáis conectado ó GPS transmite a nosa posición.

Pois ben, o VHF mariño é moi importante, sobre todo pola seguridade.

¿Pero cómo falamos coa casa os que navegamos por alta mar? ¿Qué usamos para falar a varios días de terra e miles de kms, no medio do océano? VHF, móbil (funciona o móbil no mar,non verdade? non hai antenas flotando)? ¿Que usaremos?
Unha pista…que é a lúa? Unha estrela, un planeta…ou un satélite.
Pois usamos os satélites, que dan voltas á terra por riba das nosas cabezas, igual que a lúa. Satélites de comunicacións. E agora a un precio asequible para falar desde calquer punto do planeta. Por exemplo con Iridium a pouco máis de 1 € por minuto.
Antes usábase un sistema de onda corta como o dos radioaficionados, pero escoitase bastante mal (pois depende do rebote das ondas na ionosfera) e non é unha conversación privada.

Agora pasamos a outro aparello:

Garmin etrex 10

Que é? Un móbil, un busca? (os peques non saben o que é iso)
A ver…estamos no século XXI…que usamos para saber onde estamos? Que levamos no coche que nos vai falando e dicindo: xire á dereita?
Pois isto é un tontón (por Tomtom) do mar, un GPS. A súa función básica é dicirnos onde estamos, non por onde temos que ir. Que tamén, si lle indicamos un destiño, tamén se convirte en navegador. website generate . De feito hoxe en día os patróns non saben navegar sin el. Si hai algún patrón que non se me enfade, pero é verdade. Obviamente nos barcos é máis grande e mellor. Este é un pequeno, de navegar en barquiño o fin de semana.

E cómo funciona? De que falamos antes das chamadas por telefono? Pois si, gracias a satélites GPS. Hai outros sistemas e Europa está agora lanzando satélites para ter o seu propio sistema, o Galileo.

Nos barcos úsanse unhas cartas electrónicas con programas como Maxsea ou Turbo que poden conectarse co AIS (logo veremos o que é) ou co radar e indicarlle un destiño, poñer o piloto automático e o barco vai só. Por certo xa non hai rodas de timón, agora os barcos levan un joystick.

Pregunta: ¿como navegaban na antigüidade, ou sin ir tan lonxe, na época do meu avó? Meu avó tiña un barco de madeira, o Ribeirán, e con el navegaba ata África. ¿Cómo facía? Porque non había nada desta tecnoloxía que vedes, nin satélites, nin gps, nin radio (nada máis que para os barcos grandes)

Ribeirán

Qué usaba meu avó logo para situarse?
Pois isto e isto:

sextanteCarta faros

Fotos dos auténticos sextante, diarios de pesca e carta do meu avó, cos que navegou ata os anos 60 do pasado século ata Cabo Blanco.

O GPS da antigüidade eran os faros. E temos o máis antigo do mundo que sigue funcionando cerca de aquí, a Torre de Hércules, con 2000 anos de historia, dende a época dos romanos.

Torre Hercules sI

Meu avó ía seguindo os faros que tiña debuxados na súa carta e as súas luces que son distintas para cada faro e así sabía onde estaba. Co sextante coñecía a latitude cando se alonxaba da costa.
¿Pero que pasa cos faros un día de néboa ou de temporal?¿Credes que se ve a luz do faro?

Néboa en Fisterra

¿Qué fai un faro un día de néboa ou temporal ademáis de emitir luz?

Pois emitir un son característico, á bocina do faro de Fisterra chámanlle a vaca, ¿sabedes por qué? Porque fai muuuu…

Video TVG sobre a vaca de Fisterra

Noticia sobre a vaca de Fisterra

Imaxinádevos na ponte dun barco no medio dun temporal, os limpaparabrisas ou augaclaras non sirven para nada, porque non se ve nin a proa. Estás mareado, desexando estar en terra e de súpeto escoitas a vaca. ¿É para alegrarse ou para asustarse? ¿Qué pensades?

temporal

Eu asustaríame, estame avisando que a terra está cerca. E sei que está por alá, máis ou menos. Miro as cartas e intúo que a entrada a porto está entre aquí e alá. ¿Por onde vou? É moi arriscado. Por iso había moitos naufraxios. Hoxe en día gracias ó GPS sabemos exactamente onde estamos e por onde temos que ir. Sigue habendo naufraxios, pero moitos menos e normalmente por erros humanos.

A tecnoloxía apórtanos seguridade si sabemos usala e non confiamos nela cegamente.

No seguinte post veremos outras aplicacións destas tecnoloxías.

Calendario
septiembre 2023
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930