SERVIZOS

Rotas ambientais interpretativas dentro da xeografía galega

Rutas interpretativas e en espazos naturais. Sendeirismo a pe,bicicleta, kaiak ou barco. Para coñecer o medio natural, pero tamén a obra do home.

Guías homologados do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Detección, inventariado e promoción de recursos naturais, etnográficos, históricos e económicos

Elaboración de rutas de sendeirismo utilizando TICs para divulgar a riqueza dos valores naturais, patrimoniais e culturais. 

Inventariado dos recursos presentes no territorio: castros, fontes, artesáns, produtores ecolóxicos…

Deseño e desenvolvemento de actividades didácticas tanto para nenos como para adultos

 Actividades de aprendizaxe sobre o medio natural. Concienciación sobre o impacto humano na natureza e que facer para reducilo. Conseguir que as actividades humanas  se realicen dunha forma sostible precisa que todos estemos informados das consecuencias dos nosos actos.

Elaboración, implantación e coordinación de Programas de Voluntariado Ambiental

Xestión e coordinación de labores de voluntariado. Un voluntario é unha persoa altruísta que quere mellorar o seu entorno. Ribeirán organízaos, entretenos e dalles formación ambiental. A satisfacción dunha acción visible. Algunhas accións que levamos a cabo:

Eliminación de especies invasoras.
Limpeza de residuos.
Vixilancia ambiental e contra incendios.
Restauración de zonas degradadas e afectadas por incendios forestais.
Reforestación con árbores autóctonas.

Deseño e desenvolvemento de cursos de formación tanto para o sector público como privado en todas as modalidades

Cursos relacionados co coñecemento do mar e o territorio: 

Cartografía e orientación.
Coñecemento de fauna e flora.
Horticultura.
Contaminación.
Vida sostible, etc.
Introducción ó uso de plantas mediciñais Plantas exóticas invasoras

Nós facemos que aprender sexa divertido.

RSC aplicada ao medio ambiente 

As empresas temos unha responsabilidade co mundo que nos rodea, social e ambientalmente. Pero moitas precisan a orientación para executar accións de Responsabilidade Social Corporativa. Nós
proporcionámosllela.

Cada vez as empresas e as administracións son más conscientes que os seus clientes e os cidadáns en xeral esíxenlles que as súas actividades produzan o menor impacto posible sobre o entorno no que vivimos. Porque as consecuencias  de non facelo repercuten na vida e ata na saúde de todos.