Hai pouco máis dun ano xestionamos seis grupos de voluntarios para a Subdirección Xeral de Voluntariado, no Monte Pindo. Para nós está de actualidade porque foi unha experiencia única e especial. Sempre tratamos de que os voluntarios aprendan e o pasen ben mentras fan esa labor voluntaria para a que se ofreceron. Cremos humildemente que sempre o conseguimos. check domains . O reto no Monte Pindo foi moi grande.
Estando aloxados en casas de turismo rural, algunha semana a moitos quilómetros da zona de traballo e separados en dous grupos, a coordinación para aproveitar as horas de luz, enfrontarse á meteoroloxía e ter a loxística do material preparada non foi fácil.
Pero o que o fixo especial foron as dificultades. Empezando pola paisaxe negra e deprimente que nos rodeaba, e que na primeira semana fíxoo día e noite, pois estabamos na casa rural que foi rodeada polo lume, e todo arredor era cinza.
O primeiro día foi enfrontarse a chuvias duns 100 litros / m2 durante máis de dúas horas que os voluntarios aguantaron. Foi impresionante velos. Mollados por dentro, coa suor, e por fóra.
A experiencia valeu para aprender a transportar a palla coa que cubriamos o chan para protexelo desa chuvia. Pero despois viñeron as seguintes dificultades: as pendentes polas que subiamos capachos cargados de palla, que aínda que non o pareza pesa; desfacer as balas de palla de 350 kg para cargar os capachos tamén tiña o seu traballo. Co caloriño da fermentación da palla alí refuxiabanse os animais que sobriviran ó incendio, coma ratiños de campo, ou as molestas nésporas. A palla co vento metíase nos ollos a pesar das gafas de protección. Houbo días de moito frío e vento, ata tal punto que houbo unha ocasión que tivemos que levar ós voluntarios a facer outra labor, limpeza de praia, en Caldebarcos. Noutros días foi a calor, pero o traballo continuou, a pesar das nubes de mosquitos que nos acribillaban á posta de sol ou cando paraba o vento. Unredcoridic . Comer os bocadillos dentro da furgoneta tamén aconteceu algúns días. domain analysis . Noutros disfrutamos das mesas dunha área recreativa cunha panorámica espectacular ata Fisterra.